Bioloxía - Xeoloxía

Adaptación das programacións

Adxúntanse as adaptacións das programacións de ITI e Bioloxía e Xeoloxía, debido á suspensión das clases por COVID.

BIOLOXÍA E XEOLOXÍA (1º E 3º) E AGRUPAMENTO FQ (2º E 3º)

Para continuar coas materias no tempo que dure a suspensión das clases ireivos enviando indicacións, traballo e actividades vía correo electrónico. As actividades deberán ser entregadas, no prazo que se indique, por correo electrónico ou no drive. Ademais se tedes calquera consulta ou duda podedes poñervos en contacto comigo no mesmo enderezo de correo electrónico.

ITI

Deberedes facer o traballo que vos encarguei a semana pasada, o día límite para entregalo será o martes 24 de marzo.A entrega farase por mail ao enderezo materiabioxeo@gmail.comSe tedes algunha duda relacionada coa realización do traballo ou a súa entrega podedes contactar comigo no mesmo enderezo.

Agrupamento Física e Química 2º ESO

Envío por gmail as instruccións e actividades correspondentes á sesión do luns 16 de marzo. 

Conferencia " Dos átomos a luz"

No seguinte enlace está o video da conferencia "dos átomos á luz: unha exploración"

Videoconferencia do VI Día da Ciencia en Galego “A máquina que constrúe a mente e a realidade” Xurxo Mariño

A ciencia pódese aprender en galego, vaia que si. O mércores 4 de novembro celebramos o Día da Ciencia en Galego, evento promovido por Igaciencia, a Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia (APETEGA), a Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática (AGAPEMA) e ENCIGA, que agrupa os Ensinantes de Ciencia de Galicia.

Asistimos xunto a máis de cen centros educativos galegos, a través de videoconferencia, á charla organizada pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, “A máquina que constrúe a mente e a realidade”, onde  o científico e divulgador, Xurxo Mariño falounos en directo de como funciona a mente, a onde vai o "eu" cando durmimos e  afondou na complexidade do encéfalo humano, a máquina na que miles de millóns de neuronas utilizan a electricidade para se comunicaren e, dese xeito, crear a mente e a realidade.

 E o rematar a charla, a través de Twitter, puidemos facerlle preguntas sobre o tema, ás que Xurxo foi contestando en directo.

 

Tedes a conferencia no seguinte enlace

Charla sobre transplantes

O alumnado de 3º e 4º de ESO participaron nunha interesante charla sobre tansplantes impartida por dous membros da Oficina de Coordinación de Transplantes. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Charla sobre incendios

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O departamento de Bioloxía- Xeoloxía organizou unha charla sobre incendios para todo o alumnado do centro, impartida por dous membros da Garda Civil (SEPRONA)

.

Viaxe a Coruña

   

 Os alumnos de 3º e 4º de ESO do noso centro fixeron unha  viaxe a Coruña, o pasado 27 de febreiro para visitar a        DOMUS, o museo de ciencia de tecnoloxía (MUNCYT) e    participar no V CONCURSO DE ROBÓTICA organizado por  Igaciencia. Esta viaxe forma parte das actividades  complementarias organizadas conxuntamente polos  departeamentos de Bioloxía, Física e Química e Tecnoloxía.  Tedes máis fotos na galería: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesfonmina/galeria/thumbnails.php?album=61

Distribuir contido