1º premio do concurso Lingua de Namorar

 

Bravo Christian!!

Porque gañaches o 1º premio do concurso Lingua de Namorar, organizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, e demostraches que o galego pódese utilizar en todos os ámbitos, incluído nas sms de amor. Agradecemos tamén as aportacións dos demais alumnos e alumnas do centro que participaron no concurso.

Lingua de namorar

1º premio: Non cho penso repetir!, de Christian García Sandamil (A Pastoriza, Lugo)  

Que te quero e punto, que te amo e ó carallo, que me tes tolo e enfeitizado... Que xa estou farto, e que me dá o mesmo que non entendas de que falo... porque só eu coñezo isto que sinto por ti, que non é amor... é o seguinte ó cadrado! 

Se queredes ver máis mensaxes ide a este enderezo:

http://www.xunta.es/linguagalega/linguadenamorar