Fahrenheit 541 escrita en 1953 e levada ao cine por François Truffaut en 1966.
Verbum Fahrenheit é a historia de dous homes, dous presos que comparten un mesmo delito:
ler. Ler nunha sociedade onde a lectura está prohibida e os libros son queimados por bombeiros
incendiarios.
Lectores castrados nunha sociedade na que os libros son preservados na clandestinidade alén do
mar, na terra dos homes libro. Neste lugar cada persoa esqueceu o seu nome e tomou o do
libro que preserva e protexe na súa memoria. Xan agora é Longa Noite De Pedra de Celso Emilio
e transmíteo de xeración
en xeración agardando o día en que remate a represión e os libros
poidan volver a imprimirse.
Verbum Fahrenheit é un espectáculo coproducido por Limiar teatro e o museo Verbum – Casa
das Palabras coa colaboración de Ponte nas Ondas. Un espectáculo interactivo e didáctico
destinado a todos os públicos baseado na novela Fahrenheit 451 que combina a narración, a