Tropa de Trapo no IES Fonmiñá

O Departamento de Lingua Galega xunto co ENDL convidaron a actuar no noso centro ao grupo Tropa de Trapo que nos agasallou cun divertido espectáculo de contacontos e música,  "A hora azul". Acompañandos de instrumentos árabes e portugueses, relataron historias do Magreb e da nosa terra. Despois organizaron para os alumnos do 2º Ciclo uns obradoiros de expresión teatral cos que os nosos rapaces e rapazas gozaron do lindo, segundo conta...

(Pincha na imaxe para ver o resto das fotos)