Viaxe extraescolar a Taramundi e Ribadeo

Os alumnos de 2º de ESO fixeron unha viaxe a Taramundi e Ribadeo, visitando a industria Recense na Pontenova, os Fornos da Pntenova, o conxunto etnográfico dos Teixois e un arteseán de navallas en Taramundi e despois xanatar e viaxe en Barco en Ribadeo.

Tedes as fotos na galería: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesfonmina/galeria/thumbnails.php?album=26

Na industria Recense vimos como fabricaban pezas metálicas para construccións a partir de grandes bobina de aceiro.

Nos Fornos da Pontenova era onde se calcinaba o mineral de ferro que logo se transportaba en ferrocarril ata Ribadeo, para cargalo logo en barco que o levaban ata Inglaterra.

A continuación foron visitar o conxunto etnográfico dos Teixois en Taramundi onde se ve as numerosas aplicación da auga como fonte de enrxía. Despois comprobaron in situ como se fabrica unha navalla con un artesán.

Despois tivemos un xantar campestre en Ribadeo na zona do Cargadeiro onde chegaba o tren da Pontenova. A continuacion fixeron unha viaxe en barco pola Ría do Eo.

Esta viaxe organizouse dende o departamento de Tecnoloxía en colaboración coa titora do grupo Elena Arias.