Correlingua 2011

Na 11ª edición do Correlingua da comarca de Lugo, as alumnas e alumnos do IES Fonmiñá foron agasallados co 3º premio do Concurso de Pancartas. Unha vez máis realizouse o habitual percorrido pola muralla e polo casco antigo de Lugo, xunto con outros insititutos e colexios da provincia.

Tedes as fotos na galería:http://www.edu.xunta.gal/centros/iesfonmina/galeria/thumbnails.php?album=27

Ademais da actividade do Correlingua, houbo unha visita guiada á exposición "Cen por cen Seoane" na Fundación Caixa Galicia onde alumnos e profesores participaron nun obradoiro de gravado organizado pola exposición.