Este évos o lema que os rapaces de 4º de ESO, xunto co ENDL do instituto vos propoñen para que enviedes ou regaledes tarxetas en galego a familia e amigos.
Como non as demos atopado nas librarías e papelarías animámonos a facelas, e con elas poderedes desexar un Bo Nadal, dar os parabéns, transmitir condolencias, desexar un Bo Aniversario, anunciar a chegada dun bebé, pedir perdón, etc... pero na nosa lingua.
Animádevos e mercade algunha para que os de 4º podan facer unha bonita viaxe de fin de curso e para normalizar o uso do galego nas nosas vidas!
Podes velas premendo
aquí.