Videoconferencia do VI Día da Ciencia en Galego “A máquina que constrúe a mente e a realidade” Xurxo Mariño

A ciencia pódese aprender en galego, vaia que si. O mércores 4 de novembro celebramos o Día da Ciencia en Galego, evento promovido por Igaciencia, a Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia (APETEGA), a Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática (AGAPEMA) e ENCIGA, que agrupa os Ensinantes de Ciencia de Galicia.

Asistimos xunto a máis de cen centros educativos galegos, a través de videoconferencia, á charla organizada pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, “A máquina que constrúe a mente e a realidade”, onde  o científico e divulgador, Xurxo Mariño falounos en directo de como funciona a mente, a onde vai o "eu" cando durmimos e  afondou na complexidade do encéfalo humano, a máquina na que miles de millóns de neuronas utilizan a electricidade para se comunicaren e, dese xeito, crear a mente e a realidade.

 E o rematar a charla, a través de Twitter, puidemos facerlle preguntas sobre o tema, ás que Xurxo foi contestando en directo.

 

Tedes a conferencia no seguinte enlace