O IES Fonmiñá no Camiño de Santiago

O día 18 de xuño o alumnado e profesorado do IES Fonmiña púxose a camiñar para completar o tramo do Camiño de Santiago que vai dende o aeroporto ata Praza do Obradoiro. Depois de repoñer forzas, pola tarde participaron nun concurso de Selfies con distintos monumentos da cidade.