Viaxe a París

O grupo de 4º ESO realizou unha viaxe de estudos a París entre os días 16 e 21 de marzo. Alí visitaron os museos e monumentos máis importantes da capital francesa. Ademáis aproveitaron a ocasión para poñer en práctica os seus coñecementos na lingua de Molière. Na foto, fronte á pirámide do museo do Louvre.

Pincha aquí para ver o noso vídeo da viaxe.