O venres 14 de maio o alumnado do centro participou nun seminario de introdución á pesca a mosca. O encargado de impartilo foi David Arcay, tetracampión do mundo da modalidade!.
Partindo do principio fundamental de respecto ao medio natural e de conservación e posta en valor dos nosos ríos e da súa fauna, presentouse a pesca a mosca sen morte, baseada na captura e solta, como actividade fisica recreativa e de ocio na natureza, e tamén na súa vertente deportiva e competitiva. Tras repasar o equipamento necesario e coñecer as diversas técnicas de pesca, rematamos a sesión cunha exhibición de lanzado na pista polideportiva.