O alumnado de 1º e 2º de ESO participou nunha clase sobre prexuizos e estereotipos de xénero no ámbito da actividade física e o deporte, dentro da materia de educación física.
Partindo da analise estatística da realidade da práctica deportiva e de actividade física en España, observase unha fenda entre xéneros, atribuible en gran medida a unha discriminación da muller.
Moitos dos valores relacionados co deporte e o exercicio foron históricamente asociados exclusivamente ao xénero másculino (competición, disciplina, esforzo, superación...) que actúan como "corredores de cristal" e afectan a participación femenina en determinados deportes e actividades físicas (de forza, de loita, con contacto físico directo...), reducindo a súa marxe de elección a outros de natureza colaborativa, rítmica ou expresiva...
Analizamos os diferentes axentes de socialización que perpetúan esas ideas (medios de comunicación, publicidade...) e diferentes exemplos de superación desas barrerias para superar esos "corredores cristal".