Conmemoración do 28 de abril, Día das Rapazas nas TIC

Todo o alumnado participou nunha multiconferencia organizada polo CESGA que permite coñecer canto a tecnoloxía pode contribuír a mellorar a nosa vida e anima ás nosas nenas a ter en conta o ámbito das TIC nos seus plans de futuro.

Contou coa presenza de catro profesionais galegas que traballan e investigan en ámbitos relacionados coas TIC: Laura Martínez Calvo, farmacéutica e investigadora; Edita de Lorenzo, enxeñeira, profesora da Universidade de Vigo e primeira directora muller dunha escola de enxeñaría en Galicia; Dhaunae de Vir, desenvolvedora de proxectos transmedia para unha empresa de videoxogos; e Lucía Ardao, informática, vinculada a empresas do sector das TIC e premiada polo Colexio Oficial de Enxeñaría Informática de Galicia.