Deportistas de elite...?


O alumnado de 1º de ESO realizou unha actividade de reflexión e posta en valor das mulleres deportistas de elite na clase de educación física.

 A historia da muller no deporte de elite é unha loita de séculos de prexuízos que aínda se fan notar na sociedade actual…

 Cada vez máis se normaliza a participación da muller en calquera das especialidades deportivas e en competicións de elite e profesionais. Pero aínda queda moito camiño por percorrer para que o deporte femenino se equipare ao masculino.

 A presenza do deporte de elite femenino na sociedade é escasa, e o  impacto dos seus logros nos medios de comunicación é menor, o que se reflicte en menos popularidade, menores soldos, menores ingresos por publicidade, patrocinio, premios…

 Salientar a actividade de deportistas como Verónica Boquete (Fútbol), Sandra Sánchez (Kárate) ou Carolina Marín (Bádminton) entre outras, é reivindicar unha sociedade máis xusta!