Adaptación da Programación do Departamento de Tecnoloxía. Para o terceiro trimestre do curso 2019-2020.

Desde o Departamento de Tecnoloxía realízase a adaptación da Programación Didáctica de todas as materias vinculadas ao mesmo:

 

Tecnoloxía de 2º da ESO.

Tecnoloxía de 3º da ESO.

TIC de 4º da ESO.

Programación de 1º da ESO.

 

Seguindo as Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Adaptación que se fai para todo o tempo no que se realizou e se realice formación a distancia pola suspensión das clases presenciais debido ao estado de alarma decretado a raíz da pandemia do COVID19.

 

Ao mesmo tempo que se publican estas adaptacións na páxina web do IES Fonmiñá, procederase ao envío de copia da mesma ou no seu defecto ao aviso correspondente e envío do enlace a esta páxina, a todo o alumnado interesado e/ou afectado, a través dos correos electrónicos facilitados e utilizados polo alumnado actualmente como medio de comunicación.

 

Iván Vázquez Puga.

 

AdxuntoTamaño
Tecnoloxia Adaptacion PD.pdf168.37 KB