Mulleres romanas

As alumnas de Latín buscaron en Internet información sobre mulleres romanas e... sorpresa! Estas mulleres apareceron no IES Fonmiñá!.

Así, visitáronnos Julia Domna, Cornelia e Livia Drusila, tres mulleres que foron pezas clave na súa época e marcaron a historia de Roma. Relatáronnos a súa infancia, a súa vida matrimonial, a súa formación, os seus logros, a súa influencia na sociedade, as acusacións que recibiron... Foi toda unha honra poder contar con estas tres grandes mulleres no noso centro e coñecer en primeiro persoa a súa aportación á sociedade
romana, pois o certo é que existe ben pouca información sobre elas...