Luísa Villalta. Letras Galegas 2024

Dende o Departamento de Lingua Galega e Literatura difundiuse a figura homenaxeada para celebrar o Día das Letras Galegas. Nas aulas de 1º e 2º da ESO lemos e comentamos a súa biografía e algún dos seus poemas, recollidos na obra de María Canosa Luísa Villalta, melodía de palabras, ao longo do mes de maio.
Nas aulas de 3º e 4º deuse a coñecer a autora a través dalgún vídeo e poemas musicados por A banda da loba.

Tamén demos visibilidade coa proxección na pantalla do recibidor, dunha presentación de poemas e lugares da Coruña e Santiago de Compostela aos que facían alusión ditos versos. Por outro lado, proxectáronse vídeos musicais dos poemas: “Cruel filosofía” , “E o mar” e “Estación”. Ademais, nos recreos desa semana, unha alumna de 3º da ESO acompañou ao piano o recitado voluntario por parte do noso alumnado, deses e outros poemas da autora.