Promoción de 4º da ESO coa xefa de estudos e a titora
O pasado venres día 21 de xuño despedimos o curso no IES Fonmiñá. Foi unha xornada con representacións de micropezas teatrais (GRAZAS, CLUB DE TEATRO. Volveremos con forza), partido de fútbol e un acto protagonizado polo alumnado de 4°, que quixo despedir o seu paso polo centro da mellor maneira posible: espertando sentimientos. E conseguírono. Sentímonos moi orgullosas/os de ter compartido tantos momentos cunha promoción sensible, respectuosa e comprometida: levan tatuadas as ganas de construír un mundo mellor e a súa forza é invencible. Grazas polas vosas palabras, imitacións e cariño. Grazas por darnos hoxe a mellor das leccións: "A xuventude é unha versión mellorada de nós mesmas/os". Si, "mesmas e mesmos". Porque o futuro constrúese entre todas e todos.
Ata sempre!.