Entroido coas mulleres galegas, semana do 21 ao 25 de febreiro.

Para fomentar o mantemento das nosas festas tradicionais e promover a creatividade e a orixinalidade na creación de disfraces e máscaras, todo o alumnado, profesorado e persoal non docente acatou os mandados do Meco e puxo no día que correspondía algo relacionado con Rosalía de Castro, e tamén coas Tanxugueiras.