23 de febreiro, Día adicado a Rosalía de Castro: "Caldo de Gloria".

Para rematar a xornada adicada a Rosalía de Castro, o alumnado atopouse no comedor cun "caldo de gloria" servido nuns manteis ilustrados co poema “Miña casiña, meu lar”,  no que a poeta explica como facer un caldo humilde e no que se relata a épica diaria da supervivencia. Unha iniciativa promovida pola Fundación Rosalía de Castro.