As Trovairitz visitan o IES Fonimñá

 

As alumnas de 3.º ESO convertéronse en trobairitz e déronse a coñecer no IES Fonmiñá. Simularon introducirse nunha máquina do tempo e, tras explosións e música medieval, fixeron a súa aparición estelar en todas as aulas do centro. Viñan algo indignadas, xa que se decataron de que non aparecen nin mencionadas nos libros de Lingua Castelá e Literatura. Decidiron entón presentarse e relatar a súa vida e obra. Nos séculos XII e XIII, este grupo de mulleres de orixe nobre, a través dos seus versos, declarouse abertamente á persoa amada, rompendo coa tradición do amor cortés. Temas como a felicidade, a paixón, a igualdade entre homes e mulleres ou a crítica aos matrimonios concertados centraron o traballo destas grandes autoras. Tras a presentación, as trobairitz repartiron marcapáxinas co seu nome, fotografía e o lema “Nosotras también estamos en vuestros libros”, realizados polos seus compañeiros de 3.º ESO. Así coñecemos a María de Francia, Na della Castelloza, Condesa de Dia, Bieiris de Romans, María Balteira e Azalais de Porcairagues. O xornal “El Progreso” publicou días máis tarde a visita destas autoras ao IES Fonmiñá.