Con motivo da festa de despedida da nosa auxiliar de conversa francesa, Lucie Sanchez, as alumnas de 4º de ESO levaron a escena unha pequena peza de teatro representada íntegramente en francés, que ensaiaron con ela durante todo o curso.
Podedes disfrutar desta obra no seguinte enlace: teatro
O mércores 27 de maio tivemos con nos a un coñecido científico lucense, de Foz, o neurobiólogo e divulgador Xurxo Mariño, profesor e investigador na Universidade da Coruña, no grupo Neurociencia e control motor. Estivo aquí para contarnos a súa viaxe de once meses arredor do mundo, con maravillosas fotografías e vídeos de Cabo verde, Tierra de Fuego, Australia, Asia….aprendimos moitas cousas das vidas da xente, gastronomía, xeoloxía, ciencia….
O percorrido desta viaxe pode seguirse na páxina : www.vagamundeando.com
Xa podes disfrutar do último número da nosa revista "petiscos" no seguinte enlace: petiscos nº 5
O alumnado do IES Fonmiñá acadou o primeiro premio no concurso de pancartas do Correlingua celebrado en Lugo o día 6 de maio. Parabéns para tódolos alumnos e profesores participantes!!!!
Para ver máis fotos pincha aquí.
O dia 24 de abril o alumnado de 3º e 4º de ESO fixo unha visita ós distintos museos de A Coruña. Empezaron na Fundación Barrié co espectáculo científico " El futuro es hoy" e a continuación, no Muncyt fixeron un obradoiro sobre a Luz e coñeceron as salas máis importantes do museo. Despois de comer visitaron a Domus e o Aquarium Finisterrae.
Tes máis fotoa na galeria.
O 20 de abril, visitamos a Casa-Museo de Manuel María en Outeiro de Rei. Puidemos coñecer máis a fondo o mundo do poeta da Terra Chá a través dos seus mobles e obxectos máis prezados (libros, a colección de navallas, fotos, cadros, premios...) e, por suposto, coa axuda de Fran, o guía, e de Pepa de Hortas, a cuñada do escritor, que vnoseu saudar á saída.
Tés máis fotos aqui
Os gañadores na categoría C do concurso de tarxetas de nadal organizado pola biblioteca municipal de A Pastoriza, foron:
Para ver máis fotos pincha aquí
O Equipo de Normalización Lingüística en colaboración coa Biblioteca do centro organizou un espectáculo de maxia literaria, para os rapaces de 1º e 2º de ESO, que o pasaron en grande cos trucos de Chrystyan Magic, baseados nun libro de misterio. Se queredes pasar un bo rato vendo as fotos premede aquí
: