A nosa antiga alumna, Silvia Folgueira Rico, resultou gañadora do 1º premio de pintura de automóbil nas Olimipiadas Nacionales de Formación Profesional. Dende o IES Fonmiñá queremos darlle os nosos máis sinceros parabéns e amosar a nosa alegría polo seu éxito, que agardamos se repita na proba mundial WorldSkills que disputará en outubro en Abu Dhabi. Moi ben, Silvia! Foto de El Progreso.
O Venres 23 de Febreiro de 2017 tivo lugar no IES Fonmiñá un concurso de disfraces para festexar o entroido.
O xurado estivo composto pola profesora Uxía Logilde, a orientadora Montserrat Castro, e o cosnserxe Anxo Núñez.
Os premiados foron:
1º posto: "A estatua da liberdade", Andrea López.
2º posto: "Mulleres loitadoras" (Rosalía de Castro, Isabel II e María Castro) Claudia Rivas, Victoria Andrea Veiga e Sandra Pena.
3º posto: "Fufucha", Iago Álvarez.
Co gallo do aniversario do nacemento da nosa autora galega máis internacional - 24 de febreiro-a AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) propuxo aos centros de ensino galegos una serie de actividades para honrar a Rosalía de Castro. Para os centros de ensino secundario a idea foi a realización dun mannequin challenge que recrease a obra ou a figura da escritora. Os rapaces e rapazas de 1º de ESO apuntáronse á proposta e fixeron un mannequin libremente baseado no seu célebre poema "Pra a Habana!". O de ficar quietiños, o peor...
Coa etiqueta #Grazas, Agustín, podedes atopar seis vídeos en youtube onde os nosos alumnos e alumnas contan as súas impresións sobre algúns libros do recordado autor vilalbés Agustín Fernández Paz, que marcou a toda unha xeración de lectores. Tédelos tamén na pestana das Actividades do EDL. Por se non o sabiades, temos un exemplar de Cartas de inverno, dedicado polo autor, que visitou o centro no ano 2001.
Bo traballo,rapaces e grazas, Agustín!
O venres 2 de decembro de 2016 visitáronnos membros da Fundación EU SON de Burela. A través dun concerto celebramos xuntos o día internacional da diversidade funcional.
O venres 25 de novembro, con motivo do día internacional contra a violencia de xénero, o noso alumnado participou en diversas actividades para concienciar sobre esta lacra da nosa sociedade. Na foto, varios alumnos realizaron un gran lazo morado con lemas en contra da violencia contra as mulleres.
O día 16 de novembro os nosos alumnos de 2º e 3º de ESO acudiron ás instalacións de Tecnópole en San Cibrao das Viñas (Ourense) xunto coas profesoras de Ciencias Naturais e Matemáticas para participar nas actividades de Galiciencia 2016 .
CALENDARIO DE EXAMES DE SETEMBRO 2016
HORA |
XOVES 1 |
VENRES 2 |
LUNS 5 |
9:20/10:10 |
Lingua Castelá 1º EPV PMAR |
Lingua Galega 3º
|
Xª e Hª 1º Xª e Hª 3º |
10:10/11:00 |
Lingua Castelá 2º EPV 1º
|
Lingua Galega 4º EF 2º
|
CCSS 2º Xª e Hª 4º Francés 3º |
11:00/11:50 |
Lingua Castelá 3º Ámbito sociolingüístico PMAR Matemáticas 1º |
Lingua Galega 1º
|
Matemáticas 3º Ámbito Científico-matemático PMAR
|
11:50/12:10 |
RECREO (Garda: Equipo directivo) |
||
12:10/13:00 |
Lingua Castelá 4º Fª e Qª 3º Matemáticas 2º |
Lingua Galega 2º Tecnoloxía PMAR
|
Matemáticas 4º
|
13:00/13:50 |
Inglés 3º e PMAR CCNN 2º |
Inglés 1º Música 2º |
|
13:50/14:40 |
Inglés 4º Bª e Xª 1º |
Inglés 2º Música 3º |
|
Lembrámosvos que neses días non haberá servizo de transporte escolar.
A sesión de avaliación extraordinaria terá lugar o martes 6 de setembro.
Entrega de notas: mércores 7 de setembro a partir das 10:30.
Reclamacións de exames: mércores 7 e xoves 8 de setembro de 10:00 a 13:00.
Este calendario está publicado na páxina web do instituto:
http://www.edu.xunta.gal/centros/iesfonmina/
Para calquera consulta podedes escribirnos ao e-mail ies.fonmina@edu.xunta.es ou contactarnos no teléfono: 982 87 00 15.
O día 22 celebramos o final de curso cunha representación teatral por parte do alumnado de 1º de ESO. A continuación disfrutamos dun monólogo a cargo de Mª Angeles Corredoira e logo dunhas actuacións musicais procedeuse a plantar unhas árbores por parte do alumnado de 4º de ESO que remata a súa andaina no IES Fonmiñá e dos profesores que cambian de centro este curso.
Sorte a tod@s!!
Tedes todas as fotos na galería