O día 22 de abril o alumnado de 3º e 4º de ESO fixeron unha viaxe a Coruña para visitar a Domus e ver unha película en 3D.
Pola tarde participaron no concurso de robótica organizado por Igaciencia na Fundación Barrié.
Tedes máis fotos na galería
O venres 15 de abril de 2016 os alumnos de 3º de ESO e PMAR asistiron en Xixón ao musical Mamma Mia.
Tedes máis fotos na galería
Deixo aquí os enlaces as presentacións feitas polos rapaces de tecnoloxía de 4º de ESO sobre as Tecnoloxías da información e comunicación:
Visita dos alumnos de 2º e 3º de ESO á Casa - Museo de Manuel María.
Do 1 ao 5 de marzo o alumnado de 4º ESO fixo unha viaxe de estudos a Londres.
Alí visitaron os monumentos máis emblemáticos, como o Big Ben, o Parlamento, a Tower Bridge, Buckingham Palace, pasearon en barco polo Támesis, e tamén tiveron as correspondentes sesións de museos, visitando o British Museum, o Museo de Ciencia e o de Historia Natural.
Ademáis tamén aproveitaron para poñer en practica os seus coñecementos da lingua Inglesa.
Aquí tedes unhos vídeos da nosa experiencia:
O IES Fonmiñá deséxavos un bo Nadal e un ventureiro aninovo.
Dentro das actividades da semana da ciencia en Galego o alumnado de 3º e 4º de ESO fixeron 2 visitas en lugo:
O día 20 de Novembro o alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO fixeron unha viaxe a Santiago para participar nun concerto didactico da Real Filarmonia de Galicia dirixida por Paul Daniel.
Despois tiveron unhas visitas didacticas á Ciudade da Cultura, e á exposición fotográfica de José Suárez.