No seguinte enlace tedes unha lista de videos sobre patinaxe en liña clasificados por niveis:
O venres 2 de decembro de 2016 visitáronnos membros da Fundación EU SON de Burela. A través dun concerto celebramos xuntos o día internacional da diversidade funcional.
O venres 25 de novembro, con motivo do día internacional contra a violencia de xénero, o noso alumnado participou en diversas actividades para concienciar sobre esta lacra da nosa sociedade. Na foto, varios alumnos realizaron un gran lazo morado con lemas en contra da violencia contra as mulleres.
O día 16 de novembro os nosos alumnos de 2º e 3º de ESO acudiron ás instalacións de Tecnópole en San Cibrao das Viñas (Ourense) xunto coas profesoras de Ciencias Naturais e Matemáticas para participar nas actividades de Galiciencia 2016 .
CALENDARIO DE EXAMES DE SETEMBRO 2016
HORA |
XOVES 1 |
VENRES 2 |
LUNS 5 |
9:20/10:10 |
Lingua Castelá 1º EPV PMAR |
Lingua Galega 3º
|
Xª e Hª 1º Xª e Hª 3º |
10:10/11:00 |
Lingua Castelá 2º EPV 1º
|
Lingua Galega 4º EF 2º
|
CCSS 2º Xª e Hª 4º Francés 3º |
11:00/11:50 |
Lingua Castelá 3º Ámbito sociolingüístico PMAR Matemáticas 1º |
Lingua Galega 1º
|
Matemáticas 3º Ámbito Científico-matemático PMAR
|
11:50/12:10 |
RECREO (Garda: Equipo directivo) |
||
12:10/13:00 |
Lingua Castelá 4º Fª e Qª 3º Matemáticas 2º |
Lingua Galega 2º Tecnoloxía PMAR
|
Matemáticas 4º
|
13:00/13:50 |
Inglés 3º e PMAR CCNN 2º |
Inglés 1º Música 2º |
|
13:50/14:40 |
Inglés 4º Bª e Xª 1º |
Inglés 2º Música 3º |
|
Lembrámosvos que neses días non haberá servizo de transporte escolar.
A sesión de avaliación extraordinaria terá lugar o martes 6 de setembro.
Entrega de notas: mércores 7 de setembro a partir das 10:30.
Reclamacións de exames: mércores 7 e xoves 8 de setembro de 10:00 a 13:00.
Este calendario está publicado na páxina web do instituto:
http://www.edu.xunta.gal/centros/iesfonmina/
Para calquera consulta podedes escribirnos ao e-mail ies.fonmina@edu.xunta.es ou contactarnos no teléfono: 982 87 00 15.
O día 22 celebramos o final de curso cunha representación teatral por parte do alumnado de 1º de ESO. A continuación disfrutamos dun monólogo a cargo de Mª Angeles Corredoira e logo dunhas actuacións musicais procedeuse a plantar unhas árbores por parte do alumnado de 4º de ESO que remata a súa andaina no IES Fonmiñá e dos profesores que cambian de centro este curso.
Sorte a tod@s!!
Tedes todas as fotos na galería
O novo número de teléfono do Centro é: 982 87 00 15
FAX: 982 87 00 22
Xa saíu do forno o novo numero da nosa revista escolar. Podedes lela no seguinte enlace.
Grazas a todos os que a fixéchedes posible.
O alumnado de 2º de ESO fixo unha visita aos fornos da Pontenova e unha ruta ata a entrada da mina de Vilaudrid para coñecer un pouca da historia mineira da Pontenova.
A continuación visitaron a vila asturiana de Taramundi para coñecer os distintos aproveitamentos da forza da auga no conxunto etnográfico dos "TEIXOIS" e máis tarde visitaron museo da cuchillería e observaron o proceso de fabricación dunha navalla.
Tedes as fotos na galería