VIAXE A LONDRES

O alumnado de 4º de ESO realizou unha viaxe de estudos a Londres entre os días 17 e 21 de abril de 2018. Aquí os tedes diante do museo de Historia Natural. En breve esperamos poder colgar o vídeo coas mellores lembranzas desta excursión.

O MELLOR VIDEOCLIP DO MUNDO

O alumnado de 3º de ESO elaborou este vídeo para a clase de Música. Moitas grazas a El Niño de la Hipoteca pola súa canción. Esperamos que vos guste!

Premier jour de classe

Alba e Yaiza preséntanse o pimeiro día de clase de francés.

À la gare

Carla compra un billete de tren.

Ça va barder!

Ian e Ainoa discuten por un móbil.

 

Interview 2º ESO

Os alumnos de francés de 2º de ESO entrevistan a Cristina.

ATA SEMPRE, TITO!

En memoria de Gerardo Seco Reigosa, que tantos alumnos e alumnas do IES Fonmiñá levou nos seus autocares da empresa Úbeda. Descanse en paz. Nunca te esqueceremos, Tito!

PREMIO PARA AS ALUMNAS DE 4º DE ESO

O pasado 9 de marzo Ainoa, Carla, Tania e Verónica, alumnas de 4º de ESO, recibiron os premios nos que se lles recoñeceo seu traballo baseado na exposición Premios Mª Josefa Wonenburger Planells.

 

TEATRO EN FRANCÉS

O alumnado de francés 3º e 4º de ESO acudiu o mércores 21 de febreiro ao auditorio Gustavo Freire de Lugo para ver unha representación teatral interpretada integramente en francés. A obra "Notre Dame de Paris", de Victor Hugo, correu a cargo da compañía "Bric à brac".

CHARLA DE MULLERES CIENTÍFICAS

O luns 19 de febreiro o alumnado de 3º e 4º de ESO acudiu a unha actividade organizada pola Biblioteca Pública da Xunta de Galicia en Lugo, coa intención de animar ao alumnado feminino a considerar a posibilidade de cursar estudos científicos e valorar as súas saídas profesionais. A charla correu a cargo de tres mulleres con actividades profesionais relacionadas coa ciencia e a innovación tecnolóxica.

 

Distribuir contido