Blogues

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DA ESO

Xa é oficial! Con moita alegría anunciámosvos que os nosos ex-alumnos Fadoua El Hidam e Jesús Neira veñen de recibir un dos premios extraordinarios da educación secundaria obrigatoria ao esforzo e superación persoal. Parabéns a ambos!

O MUNDO QUE QUEREMOS

Outro ano máis continuamos participando no Plan Proxecta co programa "O mundo que queremos". O día 30 de novembro comezamos a nosa nova andaina, aprendendo o que é a cooperación internacional e fixando os obxectivos do proxecto xunto coas monitoras encargadas do programa.

OBRA DE TEATRO DA ASOCIACIÓN "A MARIÑA"

O día 28 de novembro, con motivo da celebración do día pola diversidade funcional, recibimos a uns actores de excepción, membros da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental "A Mariña". Representaron para nós a obra "Es único: teatro contra o bullying". Grazas pola vosa visita!!!

OBRADOIRO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Os días 22 e 24 de novembro recibimos a visita de voluntarias da Cruz Vermella para impartiren varias charlas e obradoiros nos que aprendemos a importancia de previr e actuar fronte a todas as manifestacións de violencia contra as mulleres. Porque todos os días son 25N!

PREMIOS ATRÉVETE

Os nosos alumnos Nicolás Acebedo Torrego de 1º de ESO e Victoria Andrea Veiga Maseda de 2º de ESO acudiron á entrega dos Premios Atrévete que tivo lugar o luns 19 de xuño na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. Recibiron cadanseu premio das mans do conselleiro de Educación polos seus respectivos proxectos sobre iniciativa emprendedora. Parabéns a ambos os dous!

 

VÍDEO DA VIAXE DE ESTUDOS DE 4º DE ESO

Aquí tedes o vídeo da viaxe do grupo de 4º de ESO a Florencia. Recén saído do forno!

 

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DA ESO

 

A nosa exalumna Zobaida El Hidam acudiu o venres 21 de abril á cerimonia de entrega dos premios extraordinarios da Educación Secundaria Obrigatoria, que tivo lugar na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela. Alí recolleu de mans do Conselleiro de Educación o diploma acreditativo polo seu premio ao esforzo e á superación persoal.

Parabéns, Zobaida!!!!

San Valentín

O pasado día 14 de Febreiro, día dos namorados, san Valentín. No IES Fonmiñá celebrámolo cunhos retratos moi riquiños...

 

Entroido no IES Fonmiñá

O Venres 23 de Febreiro de 2017 tivo lugar no IES Fonmiñá un concurso de disfraces para festexar o entroido.

O xurado estivo composto pola profesora Uxía Logilde, a orientadora Montserrat Castro, e o cosnserxe Anxo Núñez.

Os premiados foron:

1º posto: "A estatua da liberdade", Andrea López.

 

2º posto: "Mulleres loitadoras" (Rosalía de Castro, Isabel II e María Castro) Claudia Rivas, Victoria Andrea Veiga e Sandra Pena.

 

3º posto: "Fufucha", Iago Álvarez.

Distribuir contido