O IES Fonmiñá contou hoxe coa visita de Juan, membro da Asociación para o Estudo da Lesión Medular Espiñal (AESLEME). Ademais de explicarnos os riscos de determinadas actitudes na condución, Juan, en cadeira de rodas desde que sufriu un accidente de tráfico, demostrounos que, coa súa afouteza, non hai barreira social nin arquitectónica que se lle resista.
Porque todos e todas somos seres únicos e diferentes, coas nosas potencialidades e as nosas carencias. E iso é o que nos fai especiais.
Pintada de haikus e haigas realizados polo noso alumnado!
Grazas de novo a todos e todas! A unión fai a forza!
Velaquí o photocall: IES Fonmiñá en negro.
Grazas pola vosa participación! Todos e todas somos pezas fundamentais nesta loita!
O luns 17 de setembro faremos as presentacións dos grupos, desde as 9.20 ata as 10.
* Lembramos que haberá transporte escolar ordinario para vir ao instituto ás 9.20, pero non haberá transporte ás 10 para a volta a casa.
Aquí o tedes, recén sáido do forno. Un recordo para acabar ben o curso. Agora a gozar das merecidas vacacións!
Este venres 11 de maio a nosa ex-alumna Fadoua El Hidam acudiu á Cidade da Cultura de Santiago de Compostela a recoller o seu premio extraordinario da ESO. Tamén recolleu o premio correspondente ao seu compañeiro Jesús Neira García, quen non puido acudir ao acto de entrega. Parabéns aos dous!
Como cada ano (e xa van 18!) os nosos rapaces e rapazas participaron no Correlingua de Lugo portando unha preciosa pancarta co lema "A lingua non para!" no seu paseo pola muralla romana. Parabéns ao alumnado e ás profesoras polo seu traballo.
Noa ten un exame de francés e está moi nerviosa. O seu amigo Carlos dálle bos consellos.