Blogues

25 de Novembro: Día Internacional contra a violencia de xénero

Pintada de haikus e haigas realizados polo noso alumnado!
Grazas de novo a todos e todas! A unión fai a forza!

Velaquí o photocall: IES Fonmiñá en negro.
Grazas pola vosa participación! Todos e todas somos pezas fundamentais nesta loita! 

VÍDEO DA VIAXE A LONDRES

Aquí o tedes, recén sáido do forno. Un recordo para acabar ben o curso. Agora a gozar das merecidas vacacións!

PREMIOS EXTRAORDINARIOS AO ESFORZO E SUPERACIÓN PERSOAL

Este venres 11 de maio a nosa ex-alumna Fadoua El Hidam acudiu á Cidade da Cultura de Santiago de Compostela a recoller o seu premio extraordinario da ESO. Tamén recolleu o premio correspondente ao seu compañeiro Jesús Neira García, quen non puido acudir ao acto de entrega. Parabéns aos dous!

CORRELINGUA 2018

Como cada ano (e xa van 18!) os nosos rapaces e rapazas participaron no Correlingua de Lugo portando unha preciosa pancarta co lema "A lingua non para!" no seu paseo pola muralla romana. Parabéns ao alumnado e ás profesoras polo seu traballo.

La famille de Xairo

Xairo preséntanos a súa familia.

Pas de panique!

Noa ten un exame de francés e está moi nerviosa. O seu amigo Carlos dálle bos consellos.

VIAXE A LONDRES

O alumnado de 4º de ESO realizou unha viaxe de estudos a Londres entre os días 17 e 21 de abril de 2018. Aquí os tedes diante do museo de Historia Natural. En breve esperamos poder colgar o vídeo coas mellores lembranzas desta excursión.

O MELLOR VIDEOCLIP DO MUNDO

O alumnado de 3º de ESO elaborou este vídeo para a clase de Música. Moitas grazas a El Niño de la Hipoteca pola súa canción. Esperamos que vos guste!

Distribuir contido