Publicación de todos os traballos realizados e agradecemento a todas e todos os/as participantes no II Concurso de Haikus e Haigas contra a Violencia Machista.
Premede neste enlace para acceder ao Concurso de Haikus e Haigas.
O mércores día 1 de abril estarán publicadas as cualificacións da segunda avaliación do presente curso. Para poder velas é necesario acceder a través dun teléfono ou tablet mediante a aplicación ABALARMÓBIL.
Considerando a situación de continxencia debido ao CORONAVIRUS, as clases serán suspendidas a partir do luns, 16 de marzo.
Promoción de 4º da ESO coa xefa de estudos e a titora
O alumnado de 2° ESO e parte do de 3° ESO desprazouse o 24 de maio ata A Coruña para asistir ao "I encontro de O Globo, observatorio para educar na cidadanía global".
Alí, participaron en obradoiros de reflexión sobre as desigualdades e artivismo (arte+activismo), e nunha sesión de cabaret reivindicativo. Ademais, mostraron os seus traballos realizados durante o curso e coñeceron os elaborados por outros centros.
O pasado día 8 de maio visitou o centro Xurxo Mariño, biólogo e experto en Neurofisioloxía, para presentarnos o seu libro TERRA: CIENCIAS, AVENTURAS E SORPRESAS DUNHA VIAXE ARREDOR DO MUNDO.
Con fotografías de fondo que el mesmo tomou, foinos relatando a súa volta ao mundo de 11 meses, mesturando anécdotas da viaxe e descripcións da ciencia que hai detrás dos espectáculos da natureza.
Quedámonos cunha gran reflexión que nos suxeriu Xurxo Mariño: "a viaxe comeza nunha/nun mesma/o"
Do 24 ao 27 de abril, parte do noso alumnado de 3°ESO, xunto con alumnado do IES Enrique Muruais, da Pontenova, visitaron Madrid en compañía das profesoras Socorro e Elena.
O 24 de abril celebrouse o día internacional das rapazas nas TIC. No CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia) contaron con catro rapazas galegas que investigan, traballan e emprenden coas TIC para contar a súa experiencia. Grazas á emisión en streaming do coloquio, puidemos coñecer as vivenzas destas rapazas no mundo das TIC.
O 23 de abril contamos coa presenza de persoal do Centro de Información e Asesoramento para a Mocidade Quérote +, que desenvolveu un obradoiro de educación afectivo-sexual. Deste xeito, o alumnado puido resolver dúbidas sobre as relacións sexuais e reflexionou sobre a importancia de manter relacións afectivas responsables, asertivas e respectuosas coas diferenzas.
O alumnado de 2°ESO presentou o día 12 de abril as elaboracións das súas receitas francesas. Ademais, tamén houbo concursos de "faire sauter les crêpes" e montar as claras a punto de neve para todo o alumnado.
Une journée vraiment amusante!