blogue dejmc

LES MISÉRABLES

O alumnado de 2°, 3° e 4° ESO de Francés viu o 12 de marzo unha adaptación teatral de LES MISÉRABLES, de Víctor Hugo, no Auditorio Municipal Gustavo Freire. Une manière amusante de découvrir l'un des chefs d'oeuvre de la littérature française!
Merci, @hazteatring !

ENTROIDO NO IES FONMIÑÁ

Neste entroido o Fonmiñá converteuse en Hogwarts!

Que comece o desfile de autores, autoras e personaxes literarios! Os premiados e premiadas foron:

- 1°premio: Alicia no país das marabillas. Lucía, de 2°ESO.


- 2°premio: O home rico que chegou das Américas co negriño Panchito. Xairo e Ricardo, de 2°ESO.

Teatro no IES Fonmiñá

O 19 de febreiro, visitounos a compañía de teatro aANTENA coa súa obra: GOLPES. Nesta peza, baixo a dirección de Xosé Leis, a actriz Estíbaliz Veiga recrea a vida dunha rapaza que sufriu violencia machista, desde o momento que coñece o seu mozo ata que logra superar "as pantasmas do pasado". Coñecemos as secuelas desa relación, como lle afectaron as ideas que existen ao redor do amor romántico, a dificultade para saír dese labirinto de violencia...

XUSTIFICANTE DE FALTA DE ASISTENCIA

O xustificante anexo deberá ser cuberto polo pai/nai ou titor legal e entregado no centro ao titor correspondente. 

Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia

O 11 de febreiro conmemorouse o día internacional da muller e da nena na ciencia, o alumnado de 2°, 3° e 4° ESO desprazouse ata a Biblioteca Pública de Lugo para participar na xornada divulgativa "De maior quero ser...". Esta actividade contou cunha mesa redonda con mulleres científicas.
Entre todas e todos seremos quen de lograr unha participación plena e equitativa das nenas e mulleres na ciencia.

Obradoiro de escritura cuneiforme

O IES Fonmiñá acolleu un obradoiro de escritura cuneiforme, ao cargo do especialista Pedro Blanco Rubio. Aquí tedes fotografías dos/das nosos/as "hijos/as de la casa de la tablilla" moi concentrados/as na súa tarefa!. Unha xornada perfecta que nos permitiu achegarnos ás orixes da escritura.

DÍA MUNDIAL DA PAZ

Hoxe, 30 de xaneiro, conmemoramos o Día da Paz cunha lectura colectiva de textos elaborados polo noso alumnado:


- 1° ESO: noticia. "Un extraterrestre (llamado Paz) llega a la Tierra".
- 2° ESO: "Receta para el pastel de la paz". "Receta para un bizcocho mundial".
- 3° ESO: "Dialogando pola paz".
- 4° ESO: "Dodecálogo pola paz".

Grazas a todos e todas pola vosa participación!

3 de decembro: Día da Diversidade Funcional.

O IES Fonmiñá contou hoxe coa visita de Juan, membro da Asociación para o Estudo da Lesión Medular Espiñal (AESLEME). Ademais de explicarnos os riscos de determinadas actitudes na condución, Juan, en cadeira de rodas desde que sufriu un accidente de tráfico, demostrounos que, coa súa afouteza, non hai barreira social nin arquitectónica que se lle resista.

Porque todos e todas somos seres únicos e diferentes, coas nosas potencialidades e as nosas carencias. E iso é o que nos fai especiais.

 

DOCUMENTACIÓN ORGANIZATIVA DO CENTRO

Distribuir contido