O pasado día 21 de marzo, día mundial da poesía, tivemos o pracer de recibir ao dúo poético-musical Aldaolado, composto por María Aldao e Lucía Lado.
Deleitáronnos coa lectura de poemas propios, música e humor, moito humor.
Moitas grazas pola vosa visita, poetisas!
Feliz día a todos e todas! Porque como escribiu Bécquer nas súas RIMAS: "Poesía... eres tú".
O alumnado de 2°, 3° e 4° ESO de Francés viu o 12 de marzo unha adaptación teatral de LES MISÉRABLES, de Víctor Hugo, no Auditorio Municipal Gustavo Freire. Une manière amusante de découvrir l'un des chefs d'oeuvre de la littérature française!
Merci, @hazteatring !
Neste entroido o Fonmiñá converteuse en Hogwarts!
Que comece o desfile de autores, autoras e personaxes literarios! Os premiados e premiadas foron:
- 1°premio: Alicia no país das marabillas. Lucía, de 2°ESO.
- 2°premio: O home rico que chegou das Américas co negriño Panchito. Xairo e Ricardo, de 2°ESO.
O 19 de febreiro, visitounos a compañía de teatro aANTENA coa súa obra: GOLPES. Nesta peza, baixo a dirección de Xosé Leis, a actriz Estíbaliz Veiga recrea a vida dunha rapaza que sufriu violencia machista, desde o momento que coñece o seu mozo ata que logra superar "as pantasmas do pasado". Coñecemos as secuelas desa relación, como lle afectaron as ideas que existen ao redor do amor romántico, a dificultade para saír dese labirinto de violencia...
O xustificante anexo deberá ser cuberto polo pai/nai ou titor legal e entregado no centro ao titor correspondente.
O 11 de febreiro conmemorouse o día internacional da muller e da nena na ciencia, o alumnado de 2°, 3° e 4° ESO desprazouse ata a Biblioteca Pública de Lugo para participar na xornada divulgativa "De maior quero ser...". Esta actividade contou cunha mesa redonda con mulleres científicas.
Entre todas e todos seremos quen de lograr unha participación plena e equitativa das nenas e mulleres na ciencia.
O IES Fonmiñá acolleu un obradoiro de escritura cuneiforme, ao cargo do especialista Pedro Blanco Rubio. Aquí tedes fotografías dos/das nosos/as "hijos/as de la casa de la tablilla" moi concentrados/as na súa tarefa!. Unha xornada perfecta que nos permitiu achegarnos ás orixes da escritura.
Hoxe, 30 de xaneiro, conmemoramos o Día da Paz cunha lectura colectiva de textos elaborados polo noso alumnado:
- 1° ESO: noticia. "Un extraterrestre (llamado Paz) llega a la Tierra".
- 2° ESO: "Receta para el pastel de la paz". "Receta para un bizcocho mundial".
- 3° ESO: "Dialogando pola paz".
- 4° ESO: "Dodecálogo pola paz".
Grazas a todos e todas pola vosa participación!
O IES Fonmiñá contou hoxe coa visita de Juan, membro da Asociación para o Estudo da Lesión Medular Espiñal (AESLEME). Ademais de explicarnos os riscos de determinadas actitudes na condución, Juan, en cadeira de rodas desde que sufriu un accidente de tráfico, demostrounos que, coa súa afouteza, non hai barreira social nin arquitectónica que se lle resista.
Porque todos e todas somos seres únicos e diferentes, coas nosas potencialidades e as nosas carencias. E iso é o que nos fai especiais.