Viaxe a Bruxelas e Bruxas

Os alumnos e alumnas da Sección Bilingüe de Informática en francés de 4º de ESO realizaron unha viaxe de estudos a Bélxica, acompañados dos seus profesores, Demetrio Hermida e Ana Campos. Na foto aparecen visitando o Atomium.

Concours de Chapeaux 2012

Os gañadores do III Concurso de Sombreiros, organizado polo departamento de Francés, foron os seguintes:

- 1º premio para Christian García Sandamil, de 3º de ESO, co seu modelo "La boîte à couture".

- 2º premio para Aida Pérez Flores, de 1º de ESO, co seu modelo "La reine des coquillages".

- 3º premio ex-aequo para as alumnas de 1º de ESO Andrea Blanco Vidal e Andrea Eiras Gallego polos seus modelos sobre a torre Eiffel e para Sara Rielo Quintela, de 3º de ESO, polo seu modelo "Le terrain de foot".

Parabéns a tod@s!

Podedes ver máis fotos na galería de imaxes.

Jorge Moreno medalla de ouro


O profesor de educación física do IES Fonmiñá Jorge Moreno gañou a medalla de OURO no X Open Internacional de España de taekwondo, baixo a modalidade de poomsae ou técnica; nun torneo que tivo lugar o pasado 24 de marzo en Alicante como membro da selección galega absoluta.

Tropa de Trapo no IES Fonmiñá

O Departamento de Lingua Galega xunto co ENDL convidaron a actuar no noso centro ao grupo Tropa de Trapo que nos agasallou cun divertido espectáculo de contacontos e música,  "A hora azul". Acompañandos de instrumentos árabes e portugueses, relataron historias do Magreb e da nosa terra. Despois organizaron para os alumnos do 2º Ciclo uns obradoiros de expresión teatral cos que os nosos rapaces e rapazas gozaron do lindo, segundo conta...

(Pincha na imaxe para ver o resto das fotos)


Semana de San Valentín na Biblioteca

Do 7 ao 14 de febreiro celebramos na Biblioteca a Semana de San Valentín cunha exposición de libros de temática romántica, entrega de tarxetas e fotografías con corazón.

Exposición Vangardista

 

Aproveitando que na materia de Lingua e Literatura Galega estamos a dar a literatura das vangardas en 4º da ESO, os alumnos e alumnas aproveitaron para realizar unha orixinal exposición surrealista-dadaísta-cubista con creacións propias. Se estas artes conseguiron sorprender á xente nos anos 20 e 30 do século XX, esta do Fonmiñá tamén está a cumprir co seu cometido. 

 

 Podes ver os traballos pinchando aquí

Bill, o noso auxiliar de conversa

Podes ver o artigo completo na edición da Chaira de El Progreso (24-1-2012), ou ver un resumo premendo aquí.

Excursión ao Caurel

Os alumnos de 3º e 4º de ESO/PDC realizaron unha excursión ao Caurel co profesor de Ciencias Naturais, Javier Beade.

Viaxe a Nova Orleans

Un grupo de alumnos e alumnas das Seccións Bilingües de Tecnoloxía de 4º ESO viaxaron a Nova Orleans (EEUU) acompañados de Belén e Demetrio. A viaxe forma parte do programa de actividades das Seccións Bilingües. Na foto aparecen co "Natchez", último barco de vapor que navega polo Mississippi.

O noso equipo

 

Profesora coordinadora: Socorro Vázquez Sánchez

Profesora colaboradora: Matilde Arrizado Yáñez

Distribuir contido