ORDINARIO: Para alumnado que se matricula en 1º de ESO e o que superou todas as materias den xuño: do 25 de xuño ao 10 de xullo.
EXTRAORDINARIO: para o alumnado que non superou todas as materias en xuño: ata o 10 de setembro.
Máis información aquí
Os rapaces de 3º e 4º de ESO, coordinados por Belén Martín, compuxeron a letra deste rap reivindicativo da nosa lingua e cultura. Os arranxos musicais estiveron ao cargo de Goyo Velasco, do grupo de actividades educativas Marmelada de Re
Podes escoitalo no seguinte enlace: http://www.youtube.com/watch?v=vynmahhKDoA
" CORRELINGUA 2013 Por fin gañamosssss!
Non era sen tempo, Despois de anos e anos quedando, segundos, terceiros no Concurso de Pancartas do Corrrelingua, chegou o día. A verdade é que desta volta foi unha sorpresa para todos porque había dúas francamente boas, a do IES Fontem Albei da Fonsagrada e a do IES Gregorio Fernández de Sarria. Calculabamos como moito o 3º premio. En fin, aquí a tedes. Levar levou o seu traballiño pero coa axuda de todos, baixo a batuta de Matilde, sacámola adiante."
Podes ver máis fotos no seguinte enlace: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesfonmina/galeria/thumbnails.php?album=62
"
O pasado 8 de maio os alumnos de 1º, 2º e 4º PDC fixeron unha visita a SOGAMA e a aula da natureza de Chelo, o longo do río Mandeo, en Betanzos, acopañados das profesoras de Ciencias Naturales, Montse e a de Tecnoloxía, Carmen.
http://www.sogama.es/es/noticia/desde-pastoriza-sogama-siguiendo-el-camino-de-los-residuos
Viaxe a Londres dos alumnos/as de 4º e 4ºPDC, do 9 ao 13 de abril do 2013. Podes ver un vídeo con fotos aquí:
http://www.youtube.com/watch?v=oOazlCw8JzA
Estreamos novo rincón na Biblioteca para lecturas, xogos...... Tratádeo con cariño, que é para todos!!!!!!
Os gañadores do IV Concurso de Sombreiros de Sainte Catherine, organizado polo Departamento de Francés, foron os seguintes:
- 1º premio para a alumna Aida Pérez Flores de 2º de ESO, polo seu modelo L'Arbre du Destin.
- 2º premio para o alumno Christian García Sandamil de 4º de ESO, polo seu modelo La Coiffeuse.
- 3º premio para a alumna Zobaida El Hidam de 1º de ESO, polo seu modelo Le Reflet dans la Seine.
- Accesit para a alumna Noelia Otero Fernández de 1º de ESO, polo seu modelo L'Automne.
Parabéns a tod@s!!!
Podedes ver máis fotos na galería de imaxes: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesfonmina/galeria/thumbnails.php?album=60
Os alumnos de 3º e 4º de ESO do noso centro fixeron unha viaxe a Coruña, o pasado 27 de febreiro para visitar a DOMUS, o museo de ciencia de tecnoloxía (MUNCYT) e participar no V CONCURSO DE ROBÓTICA organizado por Igaciencia. Esta viaxe forma parte das actividades complementarias organizadas conxuntamente polos departeamentos de Bioloxía, Física e Química e Tecnoloxía. Tedes máis fotos na galería: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesfonmina/galeria/thumbnails.php?album=61
Entrega do premio dun microscopio USB á alumna Laura Villamel de 1º ESO gañadora do Preguntoiro Científico da Fundación Educa-Barrié.
A alumna de 1º de ESO, Laura Villamel Villapol gañou a 5ª edición do Preguntoiro Científico de Educa Barrié sobre a persoa de Antoine Lavoisier. Parabéns Laura!!
http://www.educabarrie.org/gl/blogs/educa/ganadora-da-5-edidicion-do-preguntoiro-cientifico