Blogues

CALENDARIO EXAMES DE SETEMBRO

 

Para consultar as datas dos exames de setembro pincha aquí

CALENDARIO EXAMES DE SETEMBRO

Excursión a San Andrés de Teixido

Os alumnos de 2º ciclo visitaron o 21 de xuño o santuario de San Andrés de Teixido co seu profesor de Bioloxía e Xeoloxía, Javier Beade, quen lles amosou os cantís máis altos da Europa continental. Tamén aproveitaron para visitar a lonxa de Cedeira e aprender como se organiza a reserva mariña desta ría. Tedes máis fotos na galería.

 

Excursión a Santiago de Compostela

Case todos os alumnos e varios profesores do IES Fonmiñá realizaron un tramo de 12 quilómetros do Camiño de Santiago o día 31 de maio. Tedes máis fotos na galería.

Petiscos Número 2

Para vela vai a este enderezo:

http://es.calameo.com/read/001481595fc08fd66cd53

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

1º premio do concurso Lingua de Namorar

 

Bravo Christian!!

Porque gañaches o 1º premio do concurso Lingua de Namorar, organizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, e demostraches que o galego pódese utilizar en todos os ámbitos, incluído nas sms de amor. Agradecemos tamén as aportacións dos demais alumnos e alumnas do centro que participaron no concurso.

Lingua de namorar

1º premio: Non cho penso repetir!, de Christian García Sandamil (A Pastoriza, Lugo)  

Que te quero e punto, que te amo e ó carallo, que me tes tolo e enfeitizado... Que xa estou farto, e que me dá o mesmo que non entendas de que falo... porque só eu coñezo isto que sinto por ti, que non é amor... é o seguinte ó cadrado! 

Se queredes ver máis mensaxes ide a este enderezo:

http://www.xunta.es/linguagalega/linguadenamorar

Excursión a Santiago

O día 31 de maio faremos todos xuntos unha etapa do Camiño de Santiago. Aquí podes ver o vídeo que o profe de Reli fixo para promocionar esta viaxe. Non faltes!!!

Teatro: "Verbum Fahrenheit"

O ENDL e o Departamento de Lingua Galega convidaron ao grupo Limiar Teatro a realizar o seu espectáculo "Verbum Fahrenheit" no noso centro. Un espectáculo orixinal, interactivo e multidisciplinar co que nos agasallaron o xoves 10 de maio que achega a historia dos homes libro presente na novela de Ray Bradbury

 

 

 

 

Correlingua 2012

Os rapaces e rapazas de 3º e 4º acudiron á cita do Correlingua 2012 cunha pancarta co lema "En galego, todo o que buscas", que acadou o 2º premio do Concurso de Pancartas. O tempo non acompañou, pero todo o mundo o pasou moi ben. Parabéns!

Podedes ver máis fotos na galería.

 

Viaxe a Bruxelas e Bruxas

Os alumnos e alumnas da Sección Bilingüe de Informática en francés de 4º de ESO realizaron unha viaxe de estudos a Bélxica, acompañados dos seus profesores, Demetrio Hermida e Ana Campos. Na foto aparecen visitando o Atomium.

Distribuir contido