Lingua e Literatura Galega

A MAXIA DAS PALABRAS EN GALEGO

O Equipo de Normalización Lingüística en colaboración coa Biblioteca do centro organizou un espectáculo de maxia literaria, para os rapaces de 1º e 2º de ESO, que o pasaron en grande cos trucos de Chrystyan Magic, baseados nun libro de misterio. Se queredes pasar un bo rato vendo as fotos premede aquí

:

VOLVE CON FORZA O RAP DA REPÚBLIKA DO FONMIÑÁ!!

O rap da República Independente do Fonmiñá segue gañando adeptos despois de dous anos. Foi subido ao Facebook da asociación Prolingua de defensa e difusión da lingua galega e non para de recibir "Gústames". Vai con cariño aos alumnos e alumnas que colaborastes na gravación e a Goyo,  que nos fixo a montaxe.

https://www.facebook.com/Prolinguagalega

 https://www.youtube.com/watch?v=vynmahhKDoA

Historias de defuntos e outros asuntos

CONTOS DE DEFUNTOS E OUTROS ASUNTOS

O mércores 30 de outubro, Brais, de Tropa de Trapo, fíxonos rir co medo e arrepiounos coa risa, coas súas historias sobre os nosos defuntos. Un espectaculo moi axeitado para esas datas. Durmistes ben esa noite?

Rap REPÚBLIKA INDEPENDENTE DO FONMIÑÁ

Os rapaces de 3º e 4º de ESO, coordinados por Belén Martín, compuxeron a letra deste rap reivindicativo da nosa lingua e cultura. Os arranxos musicais estiveron ao cargo de Goyo Velasco, do grupo de actividades educativas Marmelada de Re

Podes escoitalo no seguinte enlace: http://www.youtube.com/watch?v=vynmahhKDoA

O IES Fonmiñá, "CAMPIÓN DE PANCARTAS" no CORRELINGUA 2013

" CORRELINGUA 2013 Por fin gañamosssss!

Non era sen tempo, Despois de anos e anos quedando, segundos, terceiros no Concurso de Pancartas do Corrrelingua, chegou o día. A verdade é que desta volta foi unha sorpresa para todos porque había dúas francamente boas, a do IES Fontem Albei da Fonsagrada e a do IES Gregorio Fernández de Sarria. Calculabamos como moito o 3º premio. En fin, aquí a tedes. Levar levou o seu traballiño pero coa axuda de todos, baixo a batuta de Matilde, sacámola adiante."
 

Podes ver máis fotos no seguinte enlace: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesfonmina/galeria/thumbnails.php?album=62

"

Exposición Vangardista

 

Aproveitando que na materia de Lingua e Literatura Galega estamos a dar a literatura das vangardas en 4º da ESO, os alumnos e alumnas aproveitaron para realizar unha orixinal exposición surrealista-dadaísta-cubista con creacións propias. Se estas artes conseguiron sorprender á xente nos anos 20 e 30 do século XX, esta do Fonmiñá tamén está a cumprir co seu cometido. 

 

 Podes ver os traballos pinchando aquí

Distribuir contido