Skip to Content

I ENCONTRO DE CENTROS PARA UNHA CONVIVENCA POSITIVA

Hola. Aquí tedes o díptico do I Encontro de Centros para unha convivencia positiva, organizado polo IES Fin do Camiño de Fisterra e o IES Xulián Magariños de Negreira, que se desenvoverá os días 23 e 24 de Maio en Negreira, coa participación de 70 alumnos e 45 profesores de 18 centros educativos. Estes son os obxectivos estratéxicos:

1. Crear unha rede de apoio entre centros escolares para o intercambio de experiencias entre o alumnado e o profesorado, a elaboración e o desenvolvemento de proxectos educativos integrais de cultura de paz.
2. Implantar, nos centros participantes, ferramentas organizativas para a xestión pacífica dos conflitos e para a construción dunha convivencia escolar positiva que ofreza maior protagonismo ao alumnado.
3. Formar, asesorar e divulgar materiais necesarios, dende unha perspectiva de traballo entre iguais, aos centros que desexen establecer novas estratexias de xestión dos conflitos.

AdxuntoTamaño
CARTEL MEDIACIÓN2.jpg259.91 KB


page | by Dr. Radut