O proxecto céntrase no fomento da competencia social e cidadá, mediante a implantación de estratexias de mellora da convivencia que faciliten a participación do alumnado na resolución dos seus propios conflitos (alumnado axudante, mediación, aulas de convivencia), á creación de redes entre centros educativos, ó fomento da participación das familias, a implicación curricular na temática da educación emocional e ó deporte cooperativo como vía de aprendizaxe social.