Skip to Content

Secretaría

Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar da ESO 2024-25

No DOG do día 20 de maio de 2024 publícase a Orde do 7 de maio de 2024 pola  que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan  axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado  matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación  especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25.

O IES Fin do  Camiño está incluído no proxecto educación dixital (E-DIXGAL), polo tanto, o  alumnado está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar, así como ás establecidas nas disposicións adicionais primeira e segunda, se reúne os requisitos establecidos nesta orde.

Prazo: remata o 21 de xuño de 2024 (incluído)

Presentación:

-Forma presencial  no centro  educativo  co impreso   que entregaremos ao alumnado en papel.

-Vía electrónica,na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.

 

 

Información sobre entrega de boletíns e proceso de matrícula para o curso 22-23

  • ENTREGA DE NOTAS

O día de entrega de notas é o luns día 27 de xuño ás 11.00  horas (non haberá trasporte escolar).

O alumnado que teña libros do centro  deberá devolvelos antes da entrega de notas.

O alumnado  que non continue no centro no curso 22-23 deberá devolver o ordenador Edixgal, nos prazos establecidos.

Xunto coas notas entregaranse os documentos necesarios para a matrícula do curso 2022-23.

  • PRAZO DE RECLAMACIÓNS  28 e 29 de Xuño. 

 

  • MATRÍCULA PARA O CURSO 22-23.

O prazo da matrícula ordinaria para o curso 2022-23 comeza o día 27 de xuño. Para evitar aglomeracións, pregamos, sempre que sexa posible, que se respecte o seguinte calendario, en horario de 10.00  a 13.00 horas:

-Alumnado que se matricule en 1º da ESO o 28 de xuño.

-Alumnado que se matricule en 2º da ESO o 29 de xuño.

-Alumnado que se matricule en 3º da ESO o 30 de xuño.

-Alumnado que se matricule en 4º da ESO o día 1  xullo.

 

Achéganse, como documentos adxuntos, os impresos de matrícula, que poderán ser descargados e cubertos.

Documentación a entregar   

Impresos: 1º ESO  2º ESO  3º ESO 4º ESO

 

 

 

 

 

 

NORMATIVA DE REGULACIÓN DE FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

O pasado luns 16 de maio publicouse no D.O.G, a normativa de regulación e convocatoria do fondo solidario de libros de texto, axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar.

Lembramos que o prazo de presentación é dende o día seguinte da publicación da convocatoria no D.O.G. ata o 23 de xuño, incluído.

A solicitude é única por alumno.

Achegamos os arquivos para descargar, tanto da normativa como da solicitude.

INSTRUCCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA AS AXUDAS DE MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2015/2016

Pinchando no seguinte arquivo visualízase a información e a posibilidade de descargar o formulario para a petición das axudas para material escolar para o curso 2015/2016.

HORARIO COMENZO DO CURSO 2015/2016

Pinchando no seguinte arquivo visualízase o horario estabrecido para o día 15 de setembro.

LISTADO DE LIBROS POR CURSO 2015/2016

Advertido un erro no listado de libros, editamos de novo o listado correxido.

Distribuir contido


by Dr. Radut