Skip to Content

APERTURA CURSO ACADEMICO 2014/2015

INICIO DAS CLASES NO CURSO 2014-2015

Lexislación:

ORDE do 13 de xuño de 2014 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2014/2015, nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia e que regula o artigo referente ás actividades lectivas, di que a  impartición efectiva de clases realizarase o día 15 de setembro de 2014 polo que o centro anuncia o seguinte horario:

  • DÍA 15 DE SETEMBRO

Horas

Actividades previstas

11:00 h

Chegada do autobús cos alumnos

11:10 h

Presentación de cada titor co seu grupo e reparto de horarios.

12:00 h

Saída dos alumnos no autobús

 

  • DÍA 16 DE SETEMBRO

Cada alumno acudirá á clase que lle corresponda segundo o seu horario e grupo, con  bolígrafo e papel.

Respecto aos libros de texto:

1º Continuarase coa recollida de libros de aqueles alumnos que non precisen os libros do ano anterior, e que voluntariamente decidan cedelos  ao banco de libros xa existente no centro.

Lembramos ao alumnado que, segundo a Orde do 28 de maio de 2014 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, en centros sostidos con fondos públicos, para o seu uso no curso escolar 2014/15, no artigo 14, apartado d, establece; conservar en bo estado os libros de texto adquiridos con cargo ao importe das axu­das, así como incorporalos, ao rematar o curso escolar 2014/15 (xuño ou setembro, se­gundo o caso), a un fondo solidario (banco de libros), que permita a súa reutilización nos seguintes cursos académicos como medida que favoreza o establecemento dun sistema de socialización do seu uso.



page | by Dr. Radut