E chegou o último día de curso! Para celebralo a ANPA organizou unha marabillosa excursión en barco pola ría para toda a comunidade educativa. Moitas grazas!!
881 960 528 | |
ies.findocamino@edu.xunta.es |
E chegou o último día de curso! Para celebralo a ANPA organizou unha marabillosa excursión en barco pola ría para toda a comunidade educativa. Moitas grazas!!
Onte recibimos na biblioteca a visita de Laura Suárez, autora e ilustradora de Monte Pindo. Historias e lendas do Olimpo celta. Falounos do proceso de documentación e investigación previo á escrita do libro e do seu traballo como ilustradora.
Moitas grazas, Laura, pola túa visita e os teus consellos!
O día de entrega de notas é o luns día 27 de xuño ás 11.00 horas (non haberá trasporte escolar).
O alumnado que teña libros do centro deberá devolvelos antes da entrega de notas.
O alumnado que non continue no centro no curso 22-23 deberá devolver o ordenador Edixgal, nos prazos establecidos.
Xunto coas notas entregaranse os documentos necesarios para a matrícula do curso 2022-23.
O prazo da matrícula ordinaria para o curso 2022-23 comeza o día 27 de xuño. Para evitar aglomeracións, pregamos, sempre que sexa posible, que se respecte o seguinte calendario, en horario de 10.00 a 13.00 horas:
-Alumnado que se matricule en 1º da ESO o 28 de xuño.
-Alumnado que se matricule en 2º da ESO o 29 de xuño.
-Alumnado que se matricule en 3º da ESO o 30 de xuño.
-Alumnado que se matricule en 4º da ESO o día 1 xullo.
Achéganse, como documentos adxuntos, os impresos de matrícula, que poderán ser descargados e cubertos.
Impresos: 1º ESO 2º ESO 3º ESO 4º ESO
O mércores o alumnado integrante dos dous clubs visitou en Santiago o Museo de Historia Natural e librerías especializadas en cómic e literatura infantil e xuvenil. Un merecido agasallo!!
O luns pasado o Club de Ciencia e o Club de lectura gozaron dunha comida conxunta para celebrar o remate das súas reunións neste curso tan repleto de lecturas e actividades. Despois de xantar, participaron nun obradoiro de Ciencia divertida no laboratorio. Un bo xeito de rematar a temporada!
O alumnado de 1º e 2º ESO gozou dunha excursión a Allariz enmarcada no Proxecto Terra, no que participa o noso centro. Visitaron Sta. Mariña de Augas Santas, achegándose ao Forno da Santa e ao Castro de Armeá; realizaron diversas actividades no Centro de Educación Ambiental do Rexo, e coñeceron o centro histórico de Allariz, o Museo do Coiro, o Museo da Moda e o Museo do Xoguete, exemplos de actuacións significativas de recuperación do patrimonio etnográfico da vila. Foron dous días ben intensos!
No DOG do día 18 de maio de 2022 publícase a Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23.
O IES Fin do Camiño está incluído no proxecto educación dixital (E-DIXGAL), polo tanto, o alumnado está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar, así como ás establecidas nas disposicións adicionais primeira e segunda, se reúne os requisitos establecidos nesta orde.
Prazo: remata o 22 de xuño de 2022 (incluído)
Presentación:
-Forma presencial no centro educativo cos impresos ( anexo I;e II) que entregaremos ao alumnado en papel .
-Vía electrónica,na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.
Documentos:enlace a orde e impresos de solicitude Anexo I e II
881 960 528 | |
ies.findocamino@edu.xunta.es |