ENTREGA DE ORDENADORES EDIXGAL
Só terá que entregar ordenadores o alumnado que se detalla a continuación:
-alumnado de 4º da ESO deberá devolver o ordenador Edixgal, na secretaria do centro entre o día 21 de xuño ao 25 de xuño.
-resto do alumnado de 1º, 2º e 3º que non continue no centro no curso 23-24 deberá entregar o ordenador Edixgal o día 26 de xuño.
ENTREGA DE BOLETÍNS DE NOTAS
O día de entrega de notas é o mércores día 26 de xuño ás 11.00 horas (non haberá transporte escolar).
O alumnado que teña libros da biblioteca deberá devolvelos antes da entrega de notas.
Xunto coas notas entregaranse os documentos necesarios para a matrícula do curso 2024-25.
PRAZO DE RECLAMACIÓNS 27 e 28 de Xuño.
MATRÍCULA PARA O CURSO 24-25.
O prazo da matrícula ordinaria para o curso 2024-25 comeza o día 26 de xuño e remata o 7 de xullo. Pregamos, sempre que sexa posible, que se respecte o seguinte calendario, en horario de 10.00 a 13.00 horas:
-Alumnado que se matricule en 1ºda ESO o 27-28 de xuño.
-Alumnado que se matricule en 2º da ESO o 3-4 de xullo.
-Alumnado que se matricule en 3º da ESO o 2-3 de xullo.
-Alumnado que se matricule en 4º da ESO o 1-2 de xullo.
Achéganse, como documentos adxuntos,os impresos de matrícula, que poderán ser descargados e cubertos.
Impresos: 1º ESO 2º ESO 3º ESO 4º ESO