Skip to Content

1º Curso

Premiados no Concurso: "Apuntámonos a non beber"

O noso alumnado de 1º de ESO participou no programa Apuntámonos a non Beber 2023/2024 (Plan Proxecta) e os responsables da Xefatura Territorial de Sanidade nos informan que “tras finalizar o programa  e reunirse o tribunal para a valoración dos traballos realizados, a clase 1ºB do IES Ferrol Vello logrou o 2º premio do programa co traballo "Menú de perigos" e a clase 1ºA levouse o 3º premio, co traballo "Queres xogar este rosco?".

Parabéns!

O ARQUIVO ADXUNTO TEN A MEMORIA DA ACTIVIDADE QUE CONTÉN TODOS OS PROXECTOS PREMIADOS

 

Os Maios

O alumnado de 1º ESO do IES Ferrol Vello participou na tradicional celebración dos Maios.

  

VISITA MUSEOS CIENTÍFICOS (Coruña) e URBAN PLANET (Oleiros)

O alumnado de 1º ESO e de 4º ESO PDC participou o 9 de abril nunha actividade organizada polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía nos museos científicos coruñeses, visitando a Casa das Ciencias e o Aquarium Finisterrae. Despois de repoñer forzas no xantar o departamento de Educación Física realizou unha actividade no Urban Planet de Oleiros e volta a casa, coas forzas ben xustiñas.

Ver galería de imaxes

 

Visita á Sociedade Galega de Historia Natural

O alumnado de primeiro de ESO, visitou esta mañá o museo da Sociedade Galega de Historia Natural. Agradecer o museo e a Berta o recibimento e a visita guiada.

O museo ten entrada gratuíta e estamos todos invitados a acudir de forma persoal.

 

Galería de imaxes

 

Proxecto de estructuras. Tecnoloxía 1ºESO

O alumnado de 1º de ESO levou a cabo un proxecto de estruturas no taller de Tecnoloxía, que consistiu en construír pontes trianguladas con perfís de papel reciclado.

O Desafío

O desafío proposto ao alumnado foi deseñar e construír unha ponte utilizando unicamente perfís de papel reciclado, asegurando que a estrutura fose capaz de soportar polo menos 5 kg. Esta tarefa requiriu unha combinación de creatividade, coñecementos técnicos e habilidades prácticas.

O Proceso

Durante o proxecto, o alumnado aprendeu sobre as propiedades das estruturas trianguladas e como estas poden ser utilizadas para construír pontes fortes e estables. A través de sesións prácticas, experimentaron con diferentes deseños e técnicas de ensamblaxe para crear as súas pontes.

Os Resultados

Os resultados do proxecto foron excepcionais. Todas as pontes construídas non só cumpriron co requisito mínimo de soportar 5 kg, senón que moitas delas demostraron unha capacidade de carga significativamente maior. Este éxito destaca a capacidade do alumnado para aplicar os seus coñecementos e habilidades de maneira efectiva.

  

Alumnos de 1°ESO investigan no laboratorio

O alumnado de 1º ESO acudiu ao Laboratorio do Centro para observar a composición de células vexetais células vexetais tinguindo con azul de metileno

 

 

Enlace imaxes "Observación de células vexetais"

Alumnado de 1ºESO nos Obradoiros Tecnolóxicos no CIS da Cabana

O alumnado de 1 de ESO participou no Programa D'tec -Talleres En caída. Tecnolab e Cosendo o futuro, obradoiros que se desenvolveron no CIS da Cabana.

Taller D’tec En caída.Tecnolab: A actividade consistiu nunha aproximación experimental á telemetría e ao deseño. Os participantes tiveron unha dobre misión. Por unha banda, deseñar un sistema de descenso para un piloto de probas (un ovo) e polo outro, programar un sistema que lles permita recoller datos mediante telemetría,monitorizando diferentes parámetros do descenso.

Taller D’tec Cosendo o futuro. Os e-téxtiles: Hoxe en día estamos rodeados de materiais innovadores, que cada vez se integran máis na nosa vida cotiá. E os tecidos non escapan a esta revolución. Durante o obradoiro recibiuse unha formación básica en programación e posteriormente pasouse á fase de deseño, creando unha peza ou complemento que integrará unha placa electrónica programable e reaccionará aos estímulos que programemos (cambios de intensidade de luz, ruído, movemento…)

Saída a Cariño

O alumnado de 1ºde ESO tivo unha saída educativa a cargo do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía

    

 

Distribuir contido


by Dr. Radut