Skip to Content

Declaración do IES Ferrol Vello sobre a finalización do contrato ARCO

Desde o IES Ferrol Vello consideramos que a atención á diversidade é un piar fundamental da nosa práctica docente. Para conseguir que esta atención sexa efectiva e que todo o alumnado teña unha formación de calidade e adecuada ás súas necesidades e contextos é necesario contar con recursos materiais e persoal suficiente, elementos que están a faltar no noso centro e que se agravan coa finalización en decembro do contrato asociado ao programa ARCO. 

Por isto, o claustro do IES Ferrol Vello solicita, apoiando por unanimidade esta declaración na súa reunión ordinaria do 17 de decembro de 2021, a ampliación do programa ARCO e a continuidade do docente asociado a este.



blog | by Dr. Radut