Skip to Content

Resumo normas para familias / COVID-19

ENTRADAS E SAÍDAS (Documento adxunto)

O acceso ao recinto escolar nas entradas e saídas só está permitido ao alumnado. Como un dos obxectivos é evitar as aglomeracións, prégase non demorarse nos redores do instituto. Lembren que ambas son escalonadas, de tal xeito que o acceso poderá efectuarse dende as 8:55 e a saída dende as 14:25.

HORARIO ENTRADA HORARIO SAÍDA

1º: 9:00 1º: 14:30

2º: 8:55 2º: 14:25

3º: 9:00 3º: 14:30

4º: 8:55 4º: 14:25

 

MATERIAL

É aconsellable traer todo o material marcado ao centro (mochilas, libros, material de escritorio etc...)

 

MÁSCARAS E DISTANCIA

As familias non deberán acceder ao recinto do instituto nas horas de entrada e saída nin durante os recreos. No caso de ter que facelo no horario permitido, non esquecer máscara e manter a distancia entre persoas de 1,5 metros

 

AUTOCONTROL EN CASA

As familias teñen a obriga de comprobar diariamente se hai algún dos seguintes síntomas:

- Febre maior de 37,5ºC.

- Tose seca.

- Dificultade respiratoria.

- Cansazo.

- Dor muscular.

- Falta de olfacto.

- Falta de gusto.

- Diarrea.

e informar ao instituto ademais de contactar co seu Centro de Saúde se aparece algún.

 

COMUNICACIÓNS CO INSTITUTO

Medios de comunicación co instituto, titores, profesorado etc. preferibles:

- Teléfono: 881 930 291

- Correo electrónico: ies.ferrol.vello@edu.xunta.es

- Abalar móbil: Que é a aplicación para móbiles que facilita a Xunta.

Contactar co centro no caso de ter problemas para instalala.

- Páxina: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesferrolvello/

 

PRESENTACIÓN/CLASES ALUMNADO CURSO 2020/21

DÍA 23 SETEMBRO (MÉRCORES) ÁS 9:00 - 1º de ESO ÁS 8:55 – 2º de ESO

DÍA 24 SETEMBRO (XOVES) ÁS 9:00 – 3º de ESO

DÍA 25 SETEMBRO (VENRES) ÁS 8:55 – 4º de ESO

O DÍA DA PRESENTACIÓN XA HABERÁ CLASE NORMAL ATA AS 14:30

 

LÉMBRASE A TODO O ALUMNADO QUE DEBE VIR CON MASCARILLA E NON RETIRALA EN NINGÚN MOMENTO.

MANTER A DISTANCIA DE SEGURIDADE E SEGUIR AS SINALIZACIÓNS E INDICACIÓNS DO PROFESORADO.

USAR O XEL HIDROALCOHÓLICO AO ENTRAR, AO SAIR, DESPOIS DE IR AO BAÑO, ETC.

QUEDA PROHIBIDO REUNIRSE EN GRUPOS NAS INMEDIACIÓNS DO CENTRO AO ENTRAR OU AO SAÍR.

AdxuntoTamaño
RESUMO NORMAS FAMILIAS COVID e PRESENTACIÓN ALUMNADO.pdf66.5 KB


blog | by Dr. Radut