Skip to Content

Comunicado para as familias sobre a Segunda Avaliación

Estimadas familias:

Ante todo esperamos que esteades todos ben nestes momentos tan difíciles.

Seguindo instrucións da Consellería do 27 de marzo, informamos de que a semana que vén faremos a segunda avaliación, e o venres, 3 de abril, a partir das 18:30 horas, publicaremos as notas en ABALAR. Os contidos avaliados son os dados ata o día no que se declarou a orde de suspensión das clases.

En canto teñamos calquera nova sobre o desenvolvemento do curso, informaremos a través da nosa páxina web, redes sociais e tamén do noso grupo de profesores, que tan grande esforzo están a facer.

Agradecemos a todos vós a paciencia, dado o contexto excepcional que estamos a vivir, así como a coordinación co instituto, a fin de levar adiante a formación dos vosos fillos.

Atentamente, A dirección



blog | by Dr. Radut