Skip to Content

Concurso "Axenda na casa"

 +

Dende esta semana invitámosvos a un concurso semanal, que será premiado con vales na cafetería á volta deste tempo na casa.

Esta semana o concurso vai ser un microrrelato inspirado nos acontecementos destes últimos días. A extensión máxima será de 100 palabras.

Cada alumno/a pode presentar un traballo á dirección concursoaxendanacasa@iesferrolvello.org, en calquera das 4 linguas nas que traballamos no centro. O gañador decidirase por votación entre todo o alumnado do centro.

 

O último día para envialo será o luns 23 ás 23.59h. Se tedes calquera dúbida, escribídenos ao correo do concurso.

AdxuntoTamaño
CONCURSO MICRORRELATOS 2020-5.jpg87.96 KB


blog | by Dr. Radut