Adxunto | Tamaño |
---|---|
TOCALIBROS2.png | 164.71 KB |
Tanto si o seu fillo é bo estudante coma se non, ofrecémoslle un Centro de reducidas dimensións para que poida desenvolver todo o seu potencial nun ambiente de respecto e amizade dentro e fóra do aula.
- Atender ao seu fillo en todo momento, non é un problema con nosa Titoría Personalizada.
- O noso recinto pechado contribúe á seguridade e protección dos seus fillos.
- Non queremos que os nosos alumnos acumulen suspensos polo que creamos os Grupos de Reforzo para dar unha segunda oportunidade.
- Facemos adaptación de Contidos en todas as materias, para facilitar tómaa de decisións na idade máis importante da vida e evitar abandonos.
- Queremos que os nosos alumnos en catro anos falen inglés (coa preparación para o Ket, Pet e First Certificate Cambridge University).
- Visitando nosa web http://www.edu.xunta.gal/centros/iesferrolvello/ coñecerá a fondo nosa ampla oferta de actividades ao longo do curso 2021-22.
- Desexamos afianzar os vínculos entre a familia e o Centro polo que unha chamada ao 881 930 291 bastará para concertar unha visita.
Horario lectivo:
de 9:00 a 14:30 e martes tamén de 16:20 a 18:00 hs
Coñézanos mellor:
Rúa Alonso López, s/n - Tlf 881 930 291 - 15401 Ferrol
CONSERXERÍA 881930291
DIRECCIÓN 881930293
SECRETARÍA 881930292
XEFATURA DE ESTUDOS 881930294
DPTO. ORIENTACIÓN 881930290
ADMINISTRACIÓN 881930295
BIBLIOTECA 881930298
Formulario para reportar incidencias nos computadores E-Dixgal. O profesorado e o alumnado deben acceder á súa conta de centro para poder envialo.
EVA Abalar é un ámbito virtual de traballo accesible para profesorado, alumnado e famílias para ou acceso, edición e organización dos recursos educativos dixitais.
Ata o 22 de xuño pódense solicitar axudas de material escolar para o curso que vén. As solicitudes presentaranse por via electrónica no formulario dispoñible na aplicación "fondolibros" da páxina edu.xunta ou presencialmente no centro.
ENTRADAS E SAÍDAS Este ano o horario de inicio e final do período lectivo será o mesmo que no anterior (9:00 a 14:30, 16:20 a 18:00 o martes á tarde). Aínda que non será obrigatorio realizar unha acceso/saída diferenciados, recoméndase que o alumnado acceda pola porta principal, se teñen a súa aula na planta baixa, e pola escaleira lateral, se esta está na primeira planta. A distribución das aulas é a seguinte: Planta baixa: 1º A, 1º B, 2º A, 2º B, 3º PDC e Tecnoloxía. Primeira planta: 3º A, 3º B, 4º A, 4º B, Aula de Relixión, Aula de Plástica, Aula de Música, Informática e Biblioteca. |
PUNTUALIDADE O alumnado debe ser cumprir co horario establecido. No caso de chegar tarde de forma inxustificada terá unha falta de puntualidade. Se o retraso é considerábel, o alumno/a permanecerá na Aula de Convivencia baixo a vixilancia do profesorado de garda. As faltas de puntualidade reiteradas poden conlevar a aplicación de medidas disciplinarias. |
DESENVOLVEMENTO DA XORNADA LECTIVA Ás horas indicadas, o alumnado e o profesorado estarán nas súas repectivas aulas. O alumnado debe permanecer dentro da súa aula durante a xornada lectiva e non poderá permanecer noutras zonas do centro durante a mesma. O alumnado non poderá utilizar os baños durante as clases, salvo casos excepcionais. Durante o recreo, o alumnado sairá das aulas deixándoas pechadas e non poderá permanecer no primeiro andar, a non ser que estea na biblioteca. Tampouco poderá estar no aparcadoiro, nas escaleiras laterais nin na zona que hai detrás da cafetaría. Ademais, tampouco poderán estar obstruíndo escaleiras e accesos a outros espazos do centro. |
FOTOCOPIAS O servizo de reprografía estará aberto durante a xornada escolar, mais o alumnado deber facer os seus encargos e recollidas durante os recreos. |
XUSTIFICACIÓN DE AUSENCIAS E FALTAS DE PUNTUALIDADE Xustificaranse as faltas (acreditadas documentalmente) por: enfermidade, consulta médica, enfermidade grave ou falecemento dun familiar, asistencia a competición deportivas (alumnado federado) e exhibicións artísticas, así como en deberes inescusábeis de tipo persoal ou público. As xustificación deberán ser remitidas ao titor/a (preferentemente, deixándoas en conserxaría ou entregándoas en persoa). |
MATERIAL Os recurso materiais son fundamentos no proceso de aprendizaxe. Por tanto o alumnado deberá conta co material necesario para as aulas e empregar de forma responsábel o material propio e o do centro; así como seguir as indicacións dadas polo docente para o seu uso, sobre todo nos Laboratorio e na aula de Tecnoloxía, para evitar riscos. |
AUTOBÚS Nas viaxes en autobús, tanto en actividades complementarias como no traslado ao pavillón da Malata, mantense o uso de máscara hixiénica. |
COMUNICACIÓNS CO INSTITUTO Medios de comunicación co instituto, titores, profesorado etc.:
|
Acto de entrrega de Carnet aos alumnos de 3º e 4º Curso de ESO. Estivo presidido polo exprofesor do Centro D Xaime Bello que fixo entrega a tódolos presentes da citada distinción
Ademais, de seguido, poderás descargar os seguintes Anexos para as diferentes solicitudes de permisos:
- Anexo 1: Solicitude para a asistencia a actividades de formación organizadas pola Consellería de Educación e O.U.
- Anexo 2: Solicitude para a sistencia a actividades de formación organizadas polas universidades, sindicatos e outras organizacións.
- Anexo 3: Autorización para a asistencia actividades de formación organizadas pola Consellería de Educación e O.U.
- Anexo 4: Solicitude de permisos e licencias para presentar ante o Xefe territorial.
- Anexo 5: Solicitude de permisos e licencias para presentar ante a dirección do centro.
Os permisos e licencias do profesorado regúlanse pola orde do 5 de abril de 2008 (correxida na orde do 7 de abril de 2008). Ámbolos dous documentos pódelos descargar en formato pdf, no apartado lexislación desta web, ou directamente desde aquí.