Skip to Content

Eleccións ao Consello Escolar

Ata o día 8 desta semana, estará aberto o prazo de presentación de candidaturas ao Consello Escolar. Para formalizar a candidatura, as persoas interesadas deben cubrir un formulario e presentalo na secretaría do centro.

As datas previstas para as votacións dos diferentes sectores son as seguintes:

- 18 de novembro (profesorado).

- 19 de novembro (pais/nais/titores-as legais).

- 20 de novembro (alumnado).

Poderase consultar o censo e outras informacións relevantes no taboleiro disposto a este efecto fronte á conserxaría.

 

Aviso

Do 26 de xuño ao 2 de setembro, o centro permanecerá pechado. Para calquera cuestión poden enviar unha mensaxe ao correo: ies.ferrol.vello@edu.xunta.gal.

Libros de texto 2024-2025

Matriculación 2024-2025

O período de matriculación irá do día 25 de xuño ao día 7 de xullo.

Estableceranse as seguintes datas de atención preferente:

25, 26 de xuño. 4º ESO

27, 28 de xuño. 1º ESO

1,2 de xullo. 2º ESO

3, 4 de xullo. 3º ESO

 

Os días indicados son de atención preferente. O alumnado, independentemente do seu curso, poderase matricular en calquera día hábil que vaia do 25 de xuño ao 7 de xullo.

Big Challenge 2024

Resultados Big Challenge 2024

Neste curso o noso alumnado resultou premio en todos os nivéis.

  • En 1ºESO, Noa Dopico (1º premio provincial)
  • En 2ºESO, Lúa Teijeiro (1º premio provincial)
  • En 4ºESO, Elisa Lorenzo e Antón Bocija (1º premio provincial)
  • e en 3ºESO, Diego Manín obtivo o 1º Premio Nacional.

Premiados no Concurso: "Apuntámonos a non beber"

O noso alumnado de 1º de ESO participou no programa Apuntámonos a non Beber 2023/2024 (Plan Proxecta) e os responsables da Xefatura Territorial de Sanidade nos informan que “tras finalizar o programa  e reunirse o tribunal para a valoración dos traballos realizados, a clase 1ºB do IES Ferrol Vello logrou o 2º premio do programa co traballo "Menú de perigos" e a clase 1ºA levouse o 3º premio, co traballo "Queres xogar este rosco?".

Parabéns!

O ARQUIVO ADXUNTO TEN A MEMORIA DA ACTIVIDADE QUE CONTÉN TODOS OS PROXECTOS PREMIADOS

 

Inventa unha flor 2024

O alumnado do IES Ferrol Vello participou, un curso máis, no certame literario cooperativo “Inventa unha flor”, organizado pola Asociación Sociocultural Muiño do Vento (Canido – Ferrol).

kit singular de Polos Creativos

Hoxe catro dos nosos alumnos de 1ºESO participaron na construción da ponte do kit singular de Polos Creativos, probando incluso a súa resistencia co seu propio peso #poloscreativos

  

Visita do alumnado de 4º ao CIFP Ferrolterra para coñecer os talleres

Visita do alumnado de 4º ao CIFP Ferrolterra para coñecer os talleres

 

Olimpiada Matemática 2°ESO

Tres dos nosos alumnos de 2ºESO participaron nas Olimpíadas Matemáticas organizadas no IES Canido, onde tiveron que resolver dunha forma enxeñosa 5 problemas relacionados coas Matemáticas.

Os Maios

O alumnado de 1º ESO do IES Ferrol Vello participou na tradicional celebración dos Maios.

  

Traballo sobre os Edificios singulares de Ferrol Vello

O alumnado de Proxecto Competencial de 3ºESO está ultimando o traballo sobre os edificios singulares de Ferrol Vello. Traballo de campo e Edición de video dixital incluído. estamos impacientes de ver o resultado final!

Teatro con G

O alumnado de 2º e 3º da ESO do IES Ferrol Vello asistiu ás representacións “Arte sen guión” da compañía Galeatro, o día 23 de abril, e “O paseo das Esfinxes” de Luísa Villalta máis “O misterio dos libros perdidos” de grupos de teatro escolar, o día 23 de maio, dentro do ciclo Teatro con G da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra.

 

Big Challenge de Inglés 26 de abril

Parte do alumnado do instituto participarán no concurso Big Challenge de Inglés, foron 62 alumnos de todas aulas. Agardamos con ilusión os resultados.

 

Saída con 4ºESO ás Fragas do Eume

O 18 de abril o alumnado de 4ºESO tivo unha saída educativa co departamento de Bioloxía e Xeoloxía e o de Educación Física ás Fragas do Eume

 

Visita á EOI

O noso alumnado de 2ºESO acudiu á Escola de Idiomas de Ferrol para coñecer a oferta formativa de primeira man de cara ao curso que ven e participaron en Obradoiros de italiano, alemán e portugués.

VISITA MUSEOS CIENTÍFICOS (Coruña) e URBAN PLANET (Oleiros)

O alumnado de 1º ESO e de 4º ESO PDC participou o 9 de abril nunha actividade organizada polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía nos museos científicos coruñeses, visitando a Casa das Ciencias e o Aquarium Finisterrae. Despois de repoñer forzas no xantar o departamento de Educación Física realizou unha actividade no Urban Planet de Oleiros e volta a casa, coas forzas ben xustiñas.

Ver galería de imaxes

 

Premiada no Certame de Poesía

A nosa alumna Paula Dopico, de 4ºESO foi premiada no XXIV Certame de poesía e imaxe: En galego, sen filtro 2024. Parabéns!

Distribuir contido


by Dr. Radut