AUXILIAR DE CONVERSA EN LINGUA ESTRANXEIRA

Auxiliares de Conversa 

 

Programa complementario de apoio e colaboración de profesorado nativo para posibilitar a práctica da conversa oral, proporcionar un modelo de corrección lingüística e achegar o alumnado e profesorado á cultura do seu país.

 

A presenza das persoas auxiliares de conversa forma parte dunha estratexia de apertura do sistema educativo galego ás demandas do mundo exterior, o que implica, entre outros aspectos, a mellora da aprendizaxe de linguas estranxeiras, o aumento da mobilidade e o reforzo da cooperación internacional.

 

O pasado 1 de febreiro incorporouse ao centro un auxiliar de conversación de francés, Dylan Guerin, que colaborará co departamento coa finalidade de reforzar as aprendizaxes da lingua estranxeira do alumnado a través da incorporación parcial do seu uso como lingua vehicular de comunicación na área, materia ou módulo en que se desenvolve, así como a adquisición da terminoloxía específica.